26 de xul. de 2021

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS LOGRA TUMBAR O DESLINDAMENTO PARCIAL NO MONTE SANTA TREGA 

Que fora acordado inicialmente entre as comunidades de montes veciñais en man común de Camposancos e da Guarda, no termo municipal da Guarda


Este inmoble dedicado a Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) está incluído na superfie de monte comunal que administra a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos

Foto: C.A.G.

Infogauda / Camposancos 

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos vén de enviar a Redacción deste xornal dixital transfronteirizo a notificación do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en relación a sentenza a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, contra o  Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra e contra a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda. 

 Na devandita sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, recoñécese a propiedade do inmoble - deseñado polo prestixioso arquitecto Antonio Palacios Ramilo, a instancias da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla - coñecido desde fai uns anos como Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), ubicado no Pico de San Francisco, do monte Santa Trega; como propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.

  En relación a devandita sentenza, desde a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos fan a seguinte valoración:

 "A xustiza tumbou as argucias da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda e deixou en moi mal lugar ao  Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

 A comunidade de Camposancos intentamos chegar a un acordo amistoso e a xunta reitora da Comunidade de Montes de A Guarda prefiriu solucionar este asunto nos tribunais. Xa di o dito popular que "Mais vale un mal acordo que un bo pleito". A nosa defensa a cargo do bufete de Vigo de D. Ricardo Martínez Barros y Narbon non soio tivo que loitar contra a Comunidade de Montes de A Guarda senón que tamén enmendou de pleno o criterio do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra".

 De acordo coa documentación a que tivemos acceso, Ana Belén Fernández Dopazo, secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, vén de enviarlle a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos a certificación da sentenza 64/2020. Deslindamento PO-DESC-03/16.- CMVMC de Camposancos e da Guarda.- Ref: Xurado Provincial de Clasificación de MVMC. 

 O contido da certificación da sentenza recibida pola xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, e da que se deu conta ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na reunión celebrada o 21 de xullo de 2021, é o seguinte: 

Ana Belén Fernández Dopazo, secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra. 

CERTIFICO: 

 Que na reunión celebrada por este Xurado Provincial o día 21 de xullo de 2021, deuse conta no punto 4º.2 da orde do día, da seguinte Sentenza: 

 Sentenza 64/2020 do 13 de marzo de 2020, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra no Procedemento ordinario 202/2019, interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, contra o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, e a CMVMC da Guarda. 

 O Fallo da Sentenza é o seguinte: 

1º.- <Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto pola Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Camposancos contra o acordo de 26 de marzo de 2019 do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra desestimatorio do recurso de reposición presentado fronte ao acordo de 14 de xullo de 2017 que aprobou o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais de man común de Camposancos e da Guarda, no termo municipal da Guarda (DOG 02.05.2019). 

2º.- Anular os acordos impugnados, revogándoos e deixándoos sen efecto. 

3º.- Sen imposición de costas>. 

 Esta Sentenza recorreuse en apelación (número 4157/2020), e o 23 de febreiro de 2021 a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou o seguinte Fallo:

 <Fallamos que debemos desestimar e desestimamos os recursos de apelación presentados pola procuradora Montserrat Fernández Názar, en nome e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda e a letrada da Xunta de Galicia contra a sentenza 64/2020 de 13 de marzo, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 dos de Pontevedra no Procedemento Ordinario, confirmando íntegramente a mesma, con expresa imposición de costas limitadas á cantidade máxima de 1.000€>. 

 En data do 6 de maio de 2021 esta Sentenza deveu firme, ao ser confirmada en grado de apelación. 

 Expídese a presente certificación para que conste aos efectos oportunos.

Vº e prace 

Antonio Crespo Iglesias 

Presidente do Xurado Provincial  de Clasificación de MVMC 

sinatura electrónica

Ningún comentario:

Publicar un comentario