Segundo denuncia o PSdeG-PSOE
O GOBERNO NACIONALISTA DE TOMIÑO SIGUE INCUMPLINDO O ACORDO DE GOBERNO DE INVESTIDURA
O PSdeG-PSOE de Tomiño, vén de facer público o seguinte comunicado:
"O pasado luns, celebrouse en Tomiño, Pleno Ordinario, logo de máis de dous meses do anterior, incumplindo así, unha vez máis, o acordo do Pleno de Investidura. Levouse ao pleno, por parte do goberno, unha modificación de crédito por valor de case 1.000.000 euros.
As socialistas, reprocharon unha vez máis, a falla de investimento no comercio local e a hostelería. Debemos ser o único Concello da contorna, que non inxectou un só euro no comercio local nesta pandemia!!! Malgastamos 30.000€ nunha Market Place que nunca funcionará, pero non importa!! Seguimos vendendo fume!!!!
O turismo? Desaparecido! Seica está pasado de moda! Cultura? A pandemia excusa perfecta! Formación 0€, Conciliacion? 0€, Igualdade? O€, Normalización Lingüística, 0€, Servizos Sociais, 0€
En definitiva este Concello aposta por activar a economía das Grandes Empresas e deixar na cuneta ás persoas!
Por outra banda, o grupo municipal socialista denuncia unha vez máis, a falla de cumprimento da moción aprobada por unanimidade en novembro.
As socialistas cren no que é "unha falla de respecto, non só ao noso grupo, senón ao Plenario en xeral".
Pois foi aprobada por unanimidade a moción de gravación e transparencia das sesións plenarias Polo que non desbotan, de seguir así, acudir á Valedora do Pobo!!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario