7 de xuño de 2021

CAMPOSANCOS

VARIAS NOTAS DA COMUNIDADE DE MONTES DE CAMPOSANCOS

Traballando en positivo



Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Camposancos

 A Comunidade de Montes de Camposancos quere agradecer ao Concello da Guarda a súa colaboración na mellora do espazo exterior do edificio da Casa de Montes. Esta colaboración consistiu na doazón de plantas ornamentais, así como a man de obra necesaria para crear un pequeno xardín nunha parcela contigua á entrada da Casa de Montes que mellora notablemente o contorno.   

Seguindo con melloras 




 Vense de recuperar e repoñer as escadas de madeira que foran queimadas, de acceso da senda de Areses, Outeiro Furado ao estacionamento de buses do Tegra. 

Retomando as convocatorias culturais coas medidas preventivas necesarias 




 O vindeiro venres 11 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar a presentación da novela La mística de un grano de arena, do autor camposino Denis Maza (1983) na editorial Letrame Grupo Editorial. Acompañarán o acto José Antonio Vázquez (Pépix) e María Álvarez. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario