A CIG-Industria de Vigo convoca unha concentración diante de Stellantis
· Para este martes día 8 de xuño de 2021, ás 11:30 horas, na porta principal de Stellantis (PSA-Citroën)
Infogauda / Vigo
A CIG-Industria de Vigo continúa coa súa campaña por unha automoción galega con futuro e convoca para este martes día 8 de xuño de 2021, ás 11:30 horas, unha concentración diante da porta de Stellantis "para rexeitar os ERTE que afectan a milleiros de traballadores/as do sector e demandar a instalación de fábricas de componentes en territorio galego. Deste xeito evitaríanse os problemas derivados da falta de suministros, como está a acontecer coa actual crise dos semicondutores (microchips)".
Ningún comentario:
Publicar un comentario