O Concello e o Mercado Municipal de Tomiño conmemoran o Día Internacional do Orgullo LGTBI
Fotos: C.T.
Infogauda / Tomiño
Hoxe conmemórase o Día do Orgullo LGTBI. Nas imaxes que acompañan esta crónica documentan a pancarta colocada na fachada da Casa do Concello e no Mercado Municipal e Concello de Tomiño.
No Mercado Municipal os praceiros e praceiras vestiron o edificio con bandeiras co arcoiris que representa simbólicamente a diversidade sexual, de xénero, raza, etc.
Na fachada do Concello colgouse ademais unha lona conmemorativa, respondendo así ao chamamento da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) para que todos os gobernos locais se sumen á celebración deste importante día, cunha clara aposta pola defensa dos valores universais de igualdade, respecto, diversidade, liberdade e non discriminación.
Pola súa banda, tanto a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) como o propio Concello, colgaron nas súas redes sociais declaracións institucionais do Día do Orgullo, reafirmando o compromiso do goberno local de garantir a igualdade efectiva de todas as persoas, con independencia da súa orientación sexual ou identidade de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario