Aprobada a moción dos Socialistas de Oia para actualizar o módulo de prezo hora do SAF
"(...) é de gran interese que o custe deste servizo tan importante, sexa cuberto pola Xunta de Galicia e non polas arcas municipais"
Foto: Cedida
Infogauda / Oia
Na sesión plenaria do pasado xoves día 27 de maio, levouse a votación una moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, na que "se insta á Xunta de Galicia a actualizar o módulo do prezo/hora do Servizo de Axuda no Fogar /SAF) que paga aos concellos neste ano e incrementalo progresivamente ata asumir o 100% do custo real deste servizo no ano 2023".
"O Servizo de Axuda no Fogar vén a cumprir unha gran demanda de usuarios existente no municipio, polo que é de gran interese que o custe deste servizo tan importante, sexa cuberto pola Xunta de Galicia e non polas arcas municipais", argumentaron os concelleiros do PSdeG-PSOE.
A devandita moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e a abstención dos Populares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario