Os Socialistas de Oia reclaman melloras urxentes no Centro de Saúde de Oia
Así como "unha ambulancia medicalizada que dea servizo ao concello e toda a súa área, como é o caso do municipio de Oia"
Infogauda / Oia
"A situación sanitaria no municipio de Oia obriga una vez máis a reclamar melloras na sanidade pública, que desta volta afecta ao Centro de Saúde de Oia, que só está a funcionar con un dos dous médicos habituais, ademáis do servizo de pediatría, que só funciona un só día á semana". Esa é a valoración que vén de facer pública o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello oiense.
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE lembra que "a parlamentaria socialista Leticia Gallego Sanromán visitou onte A Guarda, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Antonio Lomba, para anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar na Cámara autonómica a cobertura das vacantes tamén no seu Centro de Saúde, incluíndo o servizo de Pediatría".
Os socialistas reclaman tamén "unha ambulancia medicalizada que dea servizo ao concello e toda a súa área, como é o caso do municipio de Oia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario