Eleccións á Xunta de Goberno do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra
ALBA SOUTELO REELIXIDA PRESIDENTA DO COLEXIO DE FARMACÉÚTICOS DE PONTEVEDRA
· A candidatura de Alba Soutelo obtivo un total de 369 votos fronte aos 243 da candidatura de José Vázquez, formada por membros das dúas candidaturas que concorreron aos anteriores comicios
Infogauda / Pontevedra
A actual presidenta en funcións do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, foi reelixida para representar outros catro anos aos farmacéuticos de Pontevedra.
Os farmacéuticos pontevedreses revalidaron a xestión da actual Xunta de Goberno en funcións tras o proceso electoral convocado o 20 de abril a raíz do pronunciamento xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ordenou repetir as eleccións.
Aínda que esa sentenza non é firme, ao ser recorrida ante o Tribunal Supremo polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, a actual Xunta de Goberno en funcións decidiu adiantar a convocatoria electoral que se debía celebrar a principios do ano próximo.
O proceso electoral culminou o domingo 6 de xuño co acto de votación celebrado no domicilio social do Colexio e o posterior escrutinio, que se prolongou ata as 12 da noite. A candidatura de Alba Soutelo obtivo un total de 369 votos fronte aos 243 que obtivo a candidatura de José Vázquez, formada por membros das dúas candidaturas que concorreron aos anteriores comicios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario