“A Guarda Diversa” trae á Guarda accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+
· Que terán lugar entre o 9 e o 11 de xullo
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e da Concellería de Igualdade, coa colaboración de Sara Silva Uris - responsable do proxecto Transformando Realidades -, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar entre o 9 e o 11 de xullo.
As actividades arrancaron na xornada deste luns día 28 de xuño coa gravación dun manifesto que será publicado na web municipal en nas redes sociais, así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.
A parte central das actividades terán lugar entre o 9 e o 11 de xullo, nunha fin de semana que arrancará o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT", un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres lesbianas, bixesuais e trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Silva Uris.
Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un obradoiro jnfantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.
Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda "Familias TransOrgullosas", que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Silva Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina.
Xa para pechar esta segunda edición de “A Guarda Diversa”, na xornada do domingo día 11 de xullo, ás 12:30h a praza de Avelino Vicente González acollerá o espectáculo Pompa e Boato” de poesía eléctrica da man do poeta Samuel Merino, co acompañamento musical de Fernán Permuy (guitarra). Un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Venres 9 de xullo
19.00 – 21.00h
Na praza do Reló
"Ver e non só mirar. A visibilidade LBT". Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre (Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez (Presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Silva Uris.
Venres 9 de xullo
19.00 – 20:30h.
Nas dependencias do Concello de A Guarda.
Piratrans Carabarco. Obradoiro infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.
Sábado 10 de xullo
12.00 -14:00h.
Na praza do Reló.
"Familias TransOrgullosa". Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e Soledad Fernández (presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e moderada por Sara Silva Uris.
Domingo 11 de xullo
12.30h.
Na praza de Avelino Vicente.
Pompa e Boato, con Fernán Permuy. Poesía eléctrica.
Inscricións no Centro de Información á Muller de A Guarda, de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), chamando ao teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: muller@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario