28 de xuño de 2021

A GUARDA

As persoas do Banco de Voluntariado Municipal Máis mans participaron nunhas xornadas de formación



As persoas que forman parte do grupo de voluntariado municipal Máis mans participaron nunha formación

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O executivo do goberno municipal vén de facer público que "o pasado venres día 25 e o sábado día 26 de xuño, as persoas que forman parte do grupo de voluntariado municipal participaron nunha formación que tratou de dar resposta a unha das súas primeiras demandas: formación en comunicación con grupos e que, ademais, valeu para traballar a cohesión do equipo.  

 A formación tratou tamén a formación básica en voluntariado, repasando a lexislación vixente e aspectos importantes do papel que desempeña a persoa voluntaria.  

 A encargada da formación foi Sandra Fernández Prado, de Lingoreta empresas, quen artellou unhas xornadas cheas de dinámicas e accións que facilitaron o traballo e axudaron a esclarecer dúbidas e impulsar ideas".   

 Todas as persoas interesadas en formar parte de este fantástico grupo de voluntariado poden informarse en informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario