25 de xuño de 2021

A GUARDA

Na primeira fin de semana de xullo 

Comezará a programación de verán na vila de A Guarda  

Infogauda / A Guarda

 Tradicionalmente a programación de verán do Concello de A Guarda daba comezo coa Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que esperar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta evento gastronómico declarado de Interese Turístico Galego.  

 A pesares de que debido as actuais restricións sanitarias, non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica, si haberá unha programación especial para reafirmar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para desfrutar dos atractivos da nosa vila e da nosa gastronomía.  

 A lagosta, o peixe espada e diferentes propostas da cociña mariñeira, accesibles a todas as economías, son as suxerencias estrelas da nosa gastronomía, que grazas a tradición culinaria, baseada en productos de proximidade e de 1ª calidade e ao bo facer dos profesionais da restaurantes, fixeron que A Guarda esté considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra que poderán desfrutar os visitantes e a veciñanza guardesa, xunto cunha programación cultural para o goce de todos.  

 A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres día 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal (Praia do Forte), en Camposancos, nunha actividade titulada “Venres de xullo baixo as estrelas” que se desenvolverá os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é preciso unha inscrición previa a través do correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com  

 A fin de semana continuará nas xornadas do sábado día 3 e do domingo día 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasacalles, maxia e concertos musicais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario