25 de xuño de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda aplica o protocolo CES para o control das colonias felinas  

• Protocolo CES: préstamo de gaiola-trampa para control das colonias felinas  


Xaula que emprega o Concello de A Guarda para o procedemento CES para control da colonia de felinos

Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público no día de hoxe, que "o Concello de A Guarda leva xa varios anos traballando na aplicación do protocolo CES, que é un método de captura-esterilización-solta, cuxo obxectivo é controlar as colonias felinas que hai actualmente no municipio. Para iso, en ocasións anteriores actuouse, entre outras, na colonia do monte, esterilizando aos gatos e gatas que a forman".  

 Asemade, "debido a que aínda existen na nosa vila moitas colonias que non están controladas, dende o Concello quérese avanzar na aplicación do protocolo CES coa axuda dos voluntarios e voluntarias que queiran participar. Para desenvolver isto, ponse a disposición da cidadanía un servizo de préstamo da gaiola-trampa para, entre todos, ir capturando e esterilizando aos gatos que conforman as diferentes colonias e evitar que proliferen sen control", indican desde o equipo de goberno local. 

 Desde á institución municipal fan saber que todas aquelas persoas interesadas en colaborar poderán obter máis información dirixíndose ao departamento de Medio Ambiente do Concello de A Guarda a través do 986 610 000 ou do enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario