14 de xuño de 2021

A GUARDA

Últimas prazas para os cursos náuticos de recreo en A Guarda  

· Para obter os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB) e de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER)




Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal vén de facer público este luns día 14 de xuño de 2021 que "o Concello da Guarda vai a promover este verán a formación para obter os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB) e de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).  

 As inscricións están xa abertas e aínda quedan prazas vacantes a través do teléfono 986 226 105 ou do correo electrónico info@cenfornautica.com  

 Esta formación realizarase en instalacións municipais a través dunha academia autorizada.  

 Dende o Concello de A Guarda convidamos a que se aproveite esta oportunidade para obter estas titulacións con clases teóricas na Guarda e clases prácticas en Vigo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario