14 de xuño de 2021

A GUARDA

Ioga no castelo 

Celebración do Día Internacional do Ioga  

Terá lugar o domingo 20 de xuño na fortaleza de Santa Cruz ás 10.30 h. 



Infogauda / A Guarda

 O domingo 20 de xuño, ás 10.30 h., na fortaleza de Santa Cruz o Centro Awen Yoga celebrará o Día Internacional do Ioga coa colaboración do Concello. O obxectivo desta actividade - que será a súa terceira edición neste fermoso e histórico enclave natural - é celebrar este día e que as persoas se acheguen ao mundo do ioga e coñezan os seus beneficios.  

 En sánscrito - antiga lingua indoeuropea dos brahmanas que se falou no norte da India desde tempos antigos ata o século III a. C., e mantense como lingua culta - ioga significa unión entre corpo, mente e espírito. 

 Asemade, segundo o dicionario da Real Academia Galega, o ioga está definido como "técnica de reflexión e exercicio físico procedente da India que ten como finalidade chegar a un perfecto dominio do espírito e do corpo e a unha fusión co Espírito Supremo".

 O Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo primeiro Ministro da India, Narendra Modi, en setembro de 2014 con estas palabras: O ioga é unha inestimable contribución da antiga tradición da India. Encarna a unidade da mente e o corpo, o pensamento e a acción, a moderación e a satisfacción plena, a harmonía entre o home e a natureza, e un enfoque holístico da saúde e o benestar”.  

 Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de Estados solidarios na historia da organización.  

 Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen: Elvira, Pablo e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes. 

 Se podes respirar, podes practicar ioga. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!  

 Prazas limitadas. Actividade gratuíta. 

 Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, unha manta e roupa cómoda.    

Teléfonos de información  

 Teléfonos a través dos cales podes contactar para pedir máis información:    

· Awen Yoga: 986 611 871  / centroawenyoga@gmail.com 

· Concello: 986 610 000 (ext. 7) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario