18 de xuño de 2021

A GUARDA

"Daniela Pirata e as mozas pirata" chegarán  á Guarda o sábado día 26 de xuño

• A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, require unha inscrición previa en centrocultural@aguarda.es 

 


 Infogauda / A Guarda

 O salón de actos do Centro Cultural de A Guarda acollerá o vindeiro sábado día 26 de xuño  ás 12:00 horas, a actividade de animación á lectura "Daniela Pirata e as mozas pirata", que realizarán Carla Muñoz e Loreto Pertiñez, compoñentes de Donde Viven los Cuentos. 

 Esta actividade - dirixida ao público infantil, de 4 a 8 anos -, está organizada dende a Biblioteca Pública Municipal de A Guarda e debido ao protocolo Covid-19 require dunha inscrición previa no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es 

 "Daniela Pirata e as mozas pirata" é un contacontos interactivo no que a nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo que cumprirá as misión de Daniela con máis rapidez. Daniela competirá con elas pero descubrirá que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante e emocionante para xogar e bailar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario