21 de xuño de 2021

A GUARDA

“Amelia: Historia dunha Loita” 

Lectores da Biblioteca Pública Municipal e da Biblioteca do IES A Sangriña xa contan con exemplares dese cómic

• O cómic baséase nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus 


A alcalde, Antonio Lomba e a directora do Centro de Información á Muller de A Guarda, Yolanda Villaverde, con personal do IES A Sangriña, no acto de entrega de exemplares do cómic 

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda recibiu os cómics “Amelia: historia dunha loita” adquiridos dende o Centro de Información á Muller de A Guarda (CIM) e neste luns fixo entrega de varios exemplares na xornada á Biblioteca do IES A Sangriña (Biblio Trega) e á Biblioteca Pública Municipal de A Guarda (para o seu Punto lila). 


A alcalde, Antonio Lomba e a directora do Centro de Información á Muller de A Guarda, Yolanda Villaverde, con Marisol Diz, reponsable da Biblioteca Pública Municipal da localidade



 Nos actos de entrega no IES A Sangriña e na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda estiveron presentes o alcalde, Antonio Lomba e a directora do Centro de Información á Muller de A Guarda, Yolanda Villaverde, xunto cos responsables das respectivas bibliotecas. 

 Con esta entrega péchanse as actividades promovidas dende o CIM de A Guarda e na que participou o alumnado de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña. 

 O cómic “Amelia: historia dunha loita” baséase nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus. Este proxecto nace en forma de cómic xa que ler un cómic ofrece un acceso inmellorable a un determinado grupo da poboación máis moza que, co emprego doutros medios máis tradicionais, veríamos comprometido o obxectivo principal de chegarlles directamente e sen recelos, sendo un instrumento ideal para conectar da maneira más eficiente con este público. 

 Amelia Tiganus estivo persoalmente hai dous anos na Guarda nun relatorio e para completar esta acción, decidiuse centrar as accións deste ano na poboación máis nova a través da presentación deste cómic, realizada fai uns meses. 

 Amelia Tiganus (Galati (Rumanía), 1984) é una activista feminista. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español. 

 Trátase dunha actividade financiada polo Pacto de Estado con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad y Contra la Violencia de Género. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario