21 de xuño de 2021

A GUARDA

Continúan abertas as dúas convocatorias de axudas dirixidas a negocios do Concello de A Guarda  

Unha das axudas está dirixida a aqueles/as autónomos/as e empresas que tiveran que cesar a súa actividade a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021.  

A outra ten como obxectivo cubrir gastos en material de prevención da COVID e/ou realizar actuacións para a adaptación do negocio á pandemia.   


A imaxe corresponde ao momento no que o Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda aprobou á convocatoria de axudas aos comercios da localidade

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que "continúan abertas as dúas convocatorias de axudas dirixidas a negocios do Concello de A Guarda". 

 Como lembran desde o executivo local "o obxecto destas axudas é contribuír a paliar o impacto económico que sufriron os negocios con sede social no Concello da Guarda como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.  

 Á primeira liña de axudas, que ten de prazo ata o 25 de xuño inclusive para a presentación de solicitudes, ten como obxectivo apoiar economicamente a aqueles negocios que tiveron que estar pechados ao público en aplicación da Orde de 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.   

 Poderán xustificarse todos aqueles gastos que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.    

 Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada".   

 Máis información sobre os establecementos afectados pola Orde do 26 de xaneiro de 2021, premendo eiquí.   

 Ligazón as bases da convocatoria.

SEGUNDA LIÑA DE AXUDAS

 Desde o executivo municipal lembran tamén que "a segunda liña de axudas está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila, e estaría aberta a solicitude ata o 8 de xullo inclusive. 

 Poderán ser subvencionados aqueles gastos que se indican nas bases, que poden ter sido efectuados entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de abril de 2021.  

 Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada".   

 Ligazón ás bases da convocatoria.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario