O ciclo “Sostendo o Futuro” remata coa representación de “Plancton” na Praia do Forte (Camposancos)
• Terá lugar o sábado día 19 de xuño ás 18:00h e require unha inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
• En caso de choiva o evento trasládase ao Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda pechará este sábado o ciclo “Sostendo o Futuro”, cuxas actividades tiveron á finalidade de fomentar a toma de conciencia en torno aos valores de sostibilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse propostas de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e aparentemente insignificantes.
E para pór broche a este ciclo, e cando estamos ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos. Concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. Unha divertida aventura onde os máis pequenos descubrirán que é o plancton e como axudar a salvalo, unha obra con afán divulgativo e mensaxe ecoloxista na que rir, asustarse e cantar coa canción de Planky e Tonky.
A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño, ás 18:00h., na praia do Forte (Camposancos).
Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es e en caso de choiva o evento terá lugar no Centro Cultural.

Ningún comentario:
Publicar un comentario