O Ciclo “Sostendo o Futuro” continúa na cun roteiro medioambiental
• Terá lugar en dúas sesións o 5 e 6 de xuño e requiren unha inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda continúa co ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades organizadas "coa finalidade - indican desde o equipo de goberno local - de tomar conciencia en torno aos valores de sostibilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.
O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito".
Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse en dúas datas: o sábado día 5 de xuño en horario de 18:00 a 20:30h e o domingo día 6 de xuño en horario de 10:00 a 12:30h.
Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación dos nosos océanos, concretamente para sensibilizar de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño ás 18:00h., na praia do Forte (Camposancos).
Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario