22 de xuño de 2021

A GUARDA

José Ángel Gándara Rodríguez elexido presidente da nova xunta directiva da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa 

· Para o periodo 2021-2024


José Ángel Gándara Rodríguez, novo presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa
Foto: S.F.N.G.

Infogauda / A Guarda

 Vén de celebrarse no local social, sito na rúa Ramón Sobrino nº 8, de A Guarda, a Asemblea Xeral Ordinaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.) onde, entre outros puntos, se elexíu ao presidente para o período 2021-2024. Como candidato para ese cargo presentouse o socio José Ángel Gándara Rodríguez, o cal foi aprobado por unanimidade. 

 José Ángel Gándara Rodríguez é coleccionista dende fai 30 anos, cun recoñecido prestixio internacional. Ademais coñece como ninguén o mundo asociativo da filatelia pois durante máis de 20 anos foi secretario da S.F.N.G.. 

 Asemade, leva máis de dúas décadas na directiva da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), e nese período de tempo, 8 anos como secretario xeral. 

 Tamén leva 20 anos sendo membro da comisión de Temática da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI).  

 A continuación, celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria onde se elixiu aos demais compoñentes da xunta directiva, a maioría dos cales xa contan cunha ampla experiencia na promoción da filatelia e unha longa traxectoria na realización de exposicións. 

 A nova xunta directiva da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa quedou formada por: 

 Presidente, José Ángel Gándara Rodríguez; vicepresidente, Marcelino Portela Lorenzo; secretaria, Marta Verde Rodríguez; tesoureiro, Marco Antonio Alfonso Vázquez; e vogais, Cristina Domínguez Rotea, Ramón González González e Teodosio González Ferreira. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario