19 de xuño de 2021

A GUARDA

 Aforra auga

Gota e gota




Infogauda / A Guarda 

 O equipo e goberno municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de lembrar á cidadanía que "a auga é un recurso moi valioso que non é ilimitado. Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes e por iso, dende o Concello da Guarda, queremos apelar á cidadanía a facer un consumo responsable dos recursos hídricos. Para iso, recoméndase prestar moita atención aos nosos hábitos, que ocasionan un gran impacto nas reservas hídricas.  

 Que podemos facer nós para aforrar auga? 

 • No lavabo: cando se lave as mans, os dentes ou se estea a afeitar non esqueza pechar a billa cando non o estea a usar. 

 • Na ducha: dúchese en vez de bañarse e aproveite para encher recipientes mentres espera a que saia a auga quente. 

 • No wc: o inodoro non é unha papeleira, evite tirar da cadea sen necesidade e opte por cisternas de dobre carga priorizando usar a de menor capacidade. 

 • Na cociña: se frega a man evite ter a billa aberta se non o está a usar. Empregue o lavalouza e a lavadora cando estean cheos. 

 • Coa comida: aproveita a auga de cocción ou de lavar alimentos para regar as plantas e pensa na pegada hídrica á hora de mercar os teus alimentos. 

 • Na horta: intenta empregar a mangueira só o imprescindible e, se fose posible, instala rego por goteo e rega ao amencer ou atardecer para evitar evaporacións 

 • Coa piscina: tapa a piscina fora de tempada de baño e instala un sistema de limpeza físico-químico para evitar o seu baleirado e posterior enchido.  

 Cada un de nós podemos facer moito para ter a calidade e cantidade de auga que precisamos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario