19 de xuño de 2021

DEPORTES

A Superliga Galicia de futevolei chegará a A Guarda o 11 de xullo 

• O Club Futevolei Vigo presentou a nova edición da Superliga Galicia que disputarase en catro sedes este verán 2021. 


O presidente do club, Germán Martínez, realizou a presentación xunto á tenente de alcalde da Guarda, Mª Montserrat Magallanes, e o concelleiro de deportes do Concello de Nigrán, José Luis Sanromán

Foto: C.A.G.

• As inscricións continúan abertas en futevoleivigo.com e a través das súas redes sociais Instagram e Facebook  


Infogauda / Redacción

 Onte venres, nas instalacións de Celtamotor, patrocinador do Club Deportivo Futevolei Vigo, presentouse a nova edición da Superliga Galicia de Futevolei. Participaron no acto a tenente de alcalde da Guarda, Mª Montserrat Magallanes; o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán; o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.  

 Nesta edición, que iniciarase o 27 de xuño, a novidade principal é a incorporación das novas instalacións de fútbol praia do Concello de A Guarda. Así mesmo, o Concello de Nigrán celebrará a fase final do campionato autonómico durante tres días na praia de Panxón, que incluirá partidos nocturnos.  

 Así, o campionato desenrolarase en catro etapas. A primeira delas, na praia de Samil o próximo 27 de xuño, celebrándose o segundo campionato puntuable nas novas instalacións do Codesal, en Camposancos (A Guarda) na fin de semana do 11 de xullo. O terceiro campionato puntuable xogarase o domingo 18 de xullo nunha das praias do Salnés.

 



 A liga xógase cun formato de ranking dividido en dúas categorías: primeira e segunda división. As parellas participantes puntuarán nos tres primeiros campionatos, tratando de clasificarse para a superfinal de Nigrán que se celebrará nun espectacular evento os días 27, 28 e 29 de agosto. Alí encontraranse os mellores xogadores que loitarán por obter o título de campión galego.  

 Na presentación do evento deportivo, o presidente do Club Deportivo Futevolei Vigo, Germán Martínez, fixo referencia ás dificultades para a práctica do deporte que se teñen sufrido no último ano e á mensaxe que o club quere transmitir de vida saudable e deporte, desfrutando das espectaculares paisaxes, gastronomía e areais das Rías Baixas, o Baixo Miño e de toda a costa galega en xeral. “Trala cancelación da edición 2020 debido á pandemia e grazas ao apoio de todos, saímos reforzados e agardamos récord de participantes nesta edición con xogadores de toda Galicia, doutras comunidades e incluso do norte de Portugal” engadiu o directivo, que destacou o comportamento exemplar de xogadores e patrocinadores fronte á situación da pandemia e que apostan por un deporte que cada ano crece máis nas praias galegas.  

 As inscrición continúan abertas para quen desexe participar en algún dos campionatos na web do club e contactando a través das súas redes sociais para máis información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario