13 de maio de 2021

TOMIÑO

O alumnado do IES Antón Alonso Ríos deseñpu construiu unha Sala de Escapismo 


Alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón  Alonso Ríos, no módulo Circuíto pechado de televisión e seguridade  electrónica, deseñou e construíu unha Sala de Escapismo

Foto: C.T.
 

Infogauda / Tomiño

 O alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón  Alonso Ríos, no módulo Circuíto pechado de televisión e seguridade  electrónica, deseñou e construíu unha Escape Room (en Galego, Sala de Escapismo) que están a desfrutar os profesores nos recreos e á que xogará o alumnado de 4º da ESO como parte da  promoción deste ciclo formativo.  

 Este proxecto comezou no curso 2019-2020 cunha visita á empresa  colaboradora no mesmo, o Eskapark de Vigo, na que o alumnado puido ver as  súas instalacións e vivir a experiencia. Isto axudou ao grupo a familiarizarse  con este tipo de xogos e coller ideas para poder adaptar a unha Escape Room as  prácticas dos diferentes módulos que se imparten no ciclo.  

 Coa declaración do estado de alarma o alumnado dese curso non puido rematar o proxecto que pretendía ofertar a Escape Room tanto ao alumnado do IES  coma ao alumnado doutros centros e mesmo á veciñanza de Tomiño.  

 Este curso, debido ás restriccións pola pandemia, retomouse o proxecto coa  condición de que fóra portátil e poder levala a outros centros e dar así a coñecer, dun xeito lúdico, as ensinanzas que se imparten no CM de Instalacións de Telecomunicacións.  

 A Escape Room consta de 6 probas/prácticas onde os xogadores deberán  conseguir os códigos para ir abrindo caixas e portas onde atoparán novas pistas que os levarán ao xogo final.  

 Esta Escape Room estará o xoves no IES San Paio de Tui e nas próximas  semanas no C.P.I. Manuel Suárez Marquier, de O Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario