18 de maio de 2021

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ACTO PÚBLICO DO BNG SOBRE O IMPACTO DOS PARQUES EÓLICOS

· O próximo xoves día 20 ás 20:30 horas, no local da Comunidade de Montes de Camposancos


 Infogauda / Camposancos

 O BNG de A Guarda convoca un acto público no local da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos o próximo xoves día 20 ás 20:30 horas “para dar a coñecer a situación actual de proliferación dos parques eólicos na Galiza”.  

 Baixo o lema “Nin expolio dos nosos recursos, nin degradación do noso territorio” o BNG reforzará a súa posición de apoio a unha  “enerxía eólica sustentábel, xusta e galega”.  

 Neste acto participará o portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente e o deputado Xosé Luís Bará Torres, que no Parlamento galego é membro da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.  

 O acto contará coas medidas de seguridade propias da situación de pandemia.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario