18 de maio de 2021

A GUARDA

PUBLICADAS ÁS BASES DE SELECCIÓN E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO 

PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE PERSOAL INTERINO COMO OFICIAIS DE SERVIZOS


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

 Infogauda / A Guarda

 No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (B.O.P.PO.) nº 92, correspondente a este martes día 18 de maio de 2021, están publicadas as bases de selección e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de persoal interino como oficiais de servizos, do Concello de A Guarda.

 As devanditas bases reguladoras e convocatoria das probas selectivas atópanse publicadas tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello sendo desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra cando se inicia o prazo de presentación de instancias.  

 Nesta convocatoria o Concello de A Guarda convoca a praza para oficial de servizos varios coma funcionario interino, esixíndose o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalentes ou estar en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá acreditarse fidedignamente a súa homologación. Tamén se precisa posuír o permiso de condución C1.  

 As solicitudes poderán presentarse no Concello, en horario de atención ao público (de 09:00. a 13:00 h.), e no prazo de vinte (20) días naturais.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario