5 de maio de 2021

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará novamente á vila

Estará fronte o Centro Cultural, o venres día 7 e o sábado día 8 de maio 



Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará á vila de A Guarda o venres día 7 e sábado día 8 de maio.  

 Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro - fronte o Centro Cultural -, o venres día 7 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado día 8, en horario de 10:00 ás 15:00 horas. 

 A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Diariamente, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. 

Cada día os hospitais galego precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a colaboración dos doantes é fundamental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario