5 de maio de 2021

A GUARDA

O Concello realizou unha nova pavimentación na Praza de San Bieito 

O equipo de goberno municipal continúa coa mellora da seguridade vial a través do re-asfaltado e mellora de diversas rúas e espazos públicos da vila.

 

Vista parcial da praza de San Bieito co novo pavimentado e sinalización horizontal de Zoa Azul
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A instancia do Concello de A Guarda, unha coñecida empresa vén de realizar na praza de San Bieito as tarefas de elimitación da capa de rodadura que existía e súa reposición por outra nova. A devandita praza é un espazo cunha alta rotación de vehículos debido ao seu uso como zona de estacionamento pola existencia nos seus arredores de varios establecementos comerciais e equipamentos, coma o Club da Terceira Idade, Auditorio de San Bieito, Praza de Abastos,..., entre outros. 



 Desde o equipo de goberno local indican que "a capa de rodadura que existía atopábase xa moi deteriorada, polo que se realizou a súa reposición por unha nova, enlazando coas obras realizadas o ano pasado na rúa Concepción Arenal. 

 Esta primeira fase das obras contempla tamén o repintado da sinalización horizontal cun presuposto total duns 10.000€. 

 Nunha segunda fase o concello está a redactar un proxecto no que se inclúen, entre outras actuacións, a mellora da iluminación da praza de San Bieito ou a substitución dos setos vexetais por unha baranda  e mobiliario para a parte superior do Auditorio". 

Dese xeito o Concello de A Guarda continúa coa mellora da seguridade vial en diversas rúas do concello, garantindo un espazo que reúna as condicións máis axeitadas para o tránsito de vehículos e peóns e os accesos ás vivendas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario