23 de abr. de 2021

OIA

O Concello de Oia organiza un concurso escolar de debuxo polo Día do Libro   

· Os gañadores serán premiados cun diploma e un lote de libros  Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición virtual na web do Concello  


   

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia organiza un concurso escolar de debuxo co gallo do Día do Libro, celebración que se conmemora este venres 23 de abril. Con esta iniciativa, a Administración local quere animar aos escolares á lectura ao mesmo tempo que promove a súa creatividade.  

 O certame vai dirixido aos nenos e nenas matriculados nos CEIP Mestre Manuel García e Refoxos, os cales poderán participar entregando nos seus centros educativos un debuxo relacionado con algún personaxe literario ou inspirado nalgún libro. O prazo remata o 30 de abril e cada participante poderá presentar unha única obra.  

 O traballo deberá ser orixinal e inédito, estar feito en tamaño A4 (en papel ou cartolina) e a técnica a empregar será libre (acuarelas, lapis de cores, rotuladores, ceras, etc.). Na parte posterior da obra deberán figurar datos como o nome, apelidos e curso do alumno; así como o personaxe ou obra literaria na que se inspira a súa creación.  

Premios  

 Os debuxos presentados serán avaliados polos xurados que se constituirán en cada un dos colexios. O alumnado que resulte gañador do concurso recibirá como premio un diploma e un lote de libros.   

 En total, o Concello de Oia entregará 6 premios (tres en cada colexio) tendo en conta as tres categorías establecidas nas bases do certame:  

-Categoría 1: Infantil. 

-Categoría 2: Cursos de 1º, 2º e 3º de primaria. 

-Categoría 3: Cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.  

 Ademais, todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición virtual que se poderá visitar na web municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario