9 de abr. de 2021

DEPORTES

PIRAGÜISMO

Teresa Portela confirma a súa participación en Tokyo e convértese na española con máis presenzas olímpicas, “un día histórico para Galicia” 

Lete Lasa asegura que hoxe é “un día histórico para Galicia” porque “Teresa Portela vén de escribir unha das páxinas más brillantes da historia do deporte español”


Lete Lasa con Teresa Portela - Foto: X.G.

Infogauda / Pontevedra 

 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiron na mañá de hoxe ao primeiro control selectivo da Real Federación Española de Piragüismo que valeu para asignar a praza olímpica no K1 200 metros feminino que acadou a galega Teresa Portela, converténdose na española con maior número de participacións olímpicas, un total de seis, desde Sidney 2000 ata Tokyo 2020.

Lete Lasa asegurou que hoxe é “un día histórico para Galicia” xa que Teresa Portela vén de acadar unha “proeza só alcanzable para mulleres excepcionais como ela”. Segundo as verbas do secretario xeral, “Teresa Portela vén de escribir unha das páxinas más brillantes da historia do deporte español”.

“Un fito histórico nunha instalación icónica”, dixo, como o encoro de Pontillón do Castro en Verducido, que leva o nome do olímpico español máis laureado de todos os tempos, o tamén galego, David Cal. “A Xunta apostou desde o primeiro momento por esta instalación e polo piragüismo e á vista están os resultados”, sentenciou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario