20 de abr. de 2021

DEPORTES

 ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, COLLEITANDO GRANDES MARCAS

· E liderando ás clasificacións autonómica e estatal nas probas de medio-fondo e fondo de 1.000, 2.000 e 3.000 ml pista ao aire libre, da categoría Sub14  


Álex Sierpes Pereira en plena competición, nunha imaxe de arquivo


Informa (Redacción e fotografía): Sociedade Atlética do Trega 

 O atleta guardés Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, leva un mes conseguindo grandes marcas en cada competición que disputa, marcando fabulosos rexistros onde se pon liderando as clasificacións autonómica e de España da súa categoría Sub14, nas probas de medio-fondo e fondo de 1.000, 2.000 e 3.000 ml pista ao aire libre. 

 Esta andaina empezou o 28 de marzo pasado, disputando o que se supoñía que tería que ser o Campionato Galego de pista cuberta. Como non se puido celebrar porque as probas de longa distancia na nosa comunidade polo protocolo Covid non  permite realizar eventos en sitios pechados, finalmente, o devandito campionato celebrouse ao aire libre nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde o noso atleta participou en 2.000 ml, facendo un sensacional rexistro de 6´17" 06, proclamándose campión galego da distancia,  que lle levou a conseguir a mellor marca autonómica e  española. 

 A nacional non se pode acreditar, como mellor marca, (non existe clasificación española de 2.000 ml ao aire libre, pero si existe en 2.000 ml baixo teito) 

 Este campionato galego celebrouse ao aire libre debido á pandemia. De realizalo en pista cuberta no canto de ao aire libre coa marca obtida estaríao a liderar tamén porque a mellor marca española do ano da clasificación está en  6´ 29" 47.   

 Máis tarde reaparece no I Trofeo Club Ourense Atletismo, o 10 de abril para participar na proba dos 3.000 ml, onde estableceu un formidable rexistro cunha marca 9´ 47" 03, poñéndoo á fronte tamén da clasificación autonómica e nacional da distancia e categoría. 

 E por último o pasado domingo, participou no I Control da Delegación de Lugo 2021, onde disputou a proba dos 1.000 ml correndo 5" máis rápido, por debaixo da súa marca persoal que tiña este ano, gañando a proba mixta das categorías Sub14 e Sub16, entrando en meta cun sensacional tempo de 2´53"6 que sorprendentemente o pon de novo á fronte do liderado das clasificacións autonómica e nacional. 

 Moitas felicidades Álex! A seguir crecendo como deportista e como persoa. 

 Moitas grazas aos concellos de Tomiño e do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario