20 de abr. de 2021

A GUARDA

A vila do Trega continúa coa programación polo Día do Libro   

O Concello de A Guarda retomou a actividade cultural con propostas deslocalizadas, ao aire libre e con aforos reducidos  

A segunda proposta da primavera e “Contos do Chupete”, da compañía Migallas o sábado 24 de abril. As prazas para esta actividade xa están cubertas 


De esq. á der.: a bibliotecaria municipal, o alcalde do Concello de A Guarda, a concelleira de Cultura, e un membro da Asociación Piueiro, xunto a unha gamela con suxerentes propostas para gozar coa lectura - Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Nesta semana continúan as actividades programadas dende a concellería de Cultura polo Día do Libro como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica como pobo de pescadores, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo. Estes puntos están situados no Concello, na Praza de Abastos e na Biblioteca Pública Municipal, e contan coa colaboración da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro e a comisión de Festas da Virxe do Carme.  

 Asemade, a partires do día 22 de abril, colocarase un mural na entrada da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda, na que os usuarios dese servizo poderán deixar as súas mensaxes e comentarios. 

 O sábado 24, ás 12:00h, no Centro Cultural, lugar a segunda proposta escénica - a anterior foi o pasado venres - adicada desta volta aos mais pequenos da casa e da man da compañía Migallas cos seus “Contos do Chupete”. Desde o Concello comunican que as prazas para esta actividade xa están cubertas. 

 E para rematar, entre os días 23 de abril e 22 de maio, aquelas persoas que realicen compras de libros por importe de 30 euros ou mais, nas librerías de A Guarda, obterán un bolso de agasallo na Biblioteca Pública Municipal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario