A unidade móbil de doazóns de sangue visitará novamente a vila guardesa
O venres día 7 e o sábado día 8 de maio
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 7 e o sábado día 8 de maio.
Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro, fronte o Centro Cultural, o venres 7 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 8 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Cada día os hospitais galego precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a colaboración dos doanrtes é fundamental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario