13 de abr. de 2021

A GUARDA

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 

• O prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de abril e se pode tramitar a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda e no CIM 



 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM), informa da convocatoria de axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021. 

 De acordo coa comunicación municipal recibida na redacción deste xornal dixital transfronteirizo, estas axudas divídense en dúas liñas: 

 a) Liña A. 

Axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. 

b) Liña B.

 Axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.  

 A concesión das axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva e as persoas interesadas poden realizar a súa solicitude pedindo cita previa chamando ao 986 614 507 (Servizos sociais) ou CIM (986 614 648). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario