3 de mar. de 2021

OIA

Cristina Correa tira de maioría para impoñer o cambio do escudo en Oia 

 

                 Membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia
 

  Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / Oia

  No pleno extraordinario convocado a petición do Grupo Municipal Socialista de Oia e que a alcaldesa non permitiu que se retransmitise para todos os veciños, se tratou o cambio do escudo de Oia aprobado unilateralmente polo grupo Popular.  

 A pesares dos reiterados chamamentos por parte do PSdeG-PSOE, lección de historia incluída por parte do seu portavoz, ao consenso e á participación dos veciños nesta decisión, a alcaldesa negouse a anular o acordo tomado polo grupo de goberno no pleno de 28 de Xaneiro de 2021, tirando da súa maioría para rexeitar a proposta socialista que solicitaba a anulación de dito acordo e a creación dunhas bases para que mediante un concurso de ideas, no que puidera participar calquera persoa ou entidade, chegar a un consenso que non producise a división e o rexeitamento entre a veciñanza que dita decisión ten creado.  

 Non deixa de ser curioso o pretender impoñer un escudo que na práctica nada ten que ver coa historia de Oia baseándose nun presunto informe da Comisión Heráldica, máis propio dun traballo encomendado a xoves da ESO, que dun estudio serio e riguroso realizado por un ente que, en principio, debería de haberse documentado dunha maneira moito máis profunda e detallada.  

 A pesares das críticas realizadas polo grupo de goberno ao escudo actual por ser o do Mosteiro, no deixa de estrañarnos que o proposto pola Comisión Heráldica teña os símbolos propios do Císter de Castela, flor de lis, báculo abacial, etc, desprestixiando, volvemos a repetir, a historia do Concello de Oia.  

 Por último, os socialistas de Oia nos comprometemos, se os veciños cos seus votos o refrendan nas vindeiras eleccións, a que se gobernamos, se retomará o caso para previa consulta e participación dos veciños dotar ao Concello dun escudo e bandeira consensuado por todos. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario