UN ANO ESPERANDO
PARA QUE O CONCELLO DA GUARDA CUMPRA A SÚA PALABRA
Estado no que se atopa o espazo que o Concello lle ía ceder a Asociación Trans Miño
Asociación Trans Miño / A Guarda
A asociación Trans Miño, que abrangue as persoas LGTBIQ+ das comarcas do Val Miñor, Baixo Miño, Louriña e Condado Paradanta, leva un ano esperando a que a palabra da Concelleira de Participación Cidadá se cumpra.
Dita asociación leva un ano esperando a que o concello de A Guarda acondicione as instalacións e sexan cedidas a dita asociación. Dada a importancia que estas instalacións, xa que nelas vanse situar servizos que vén ofrecendo a devandita asociación, tales como:
· Atención psicolóxica as vítimas de LGTBIfobia
· Atención os familiares de persoas LGTBIQ+
· Punto de reparto de material preventivo ante Enfermidades de Transmisión Sexual
Sede central do Observatorio LGTBIQ+ co rexistro de incidencias a nivel Supra Municipal, atendendo as Comarcas:
· Val Miñor,
· Baixo Miño,
· Louriña
· Condado Paradanta.
· Punto onde poder facerse as Probas Rápidas de VIH
· Promoción des plans de actuación ante a LGTBIfobia.
De acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística, no seu estudo da poboación da 189.201 habitantes en todas as Comarcas mencionadas, datos a xaneiro 2020.
Nesta imaxe tamén están visibles os danos ocasionados pola auga na aula que o Concello ía cederlle a Asociación Trans Miño
En dita reunión, acordouse por parte da Concelleira, que había unha aula que estaba vacía, e dado que as condición non eran as óptimas para entrar a traballar. O concello ía a acondicionar dita instalación e sería cedida para esta asociación. Ditas obras de acondicionamento non se puideron levar acabo, dado que meses despois decretouse o estado a alerta sanitaria polo Covid 19.
Dende a Asociación Trans Miño, estivemos agardadando e preguntando se había algún tipo de progreso nas instalacións, a través da solicitude de reunións, infrutuosas coa concelleira e preguntando no pleno tamén tendo a mesma resposta.
Por iso nos vemos na necesidade de meter un escrito en forma de moción, a espera de que algún grupo da oposición PP, BNG, Converxencia Galega podan asumila e que teñamos unha contestación firme.
En dita moción ofrecemos a colaboración por parte da asociación e o Concello en arranxar os desperfectos de ditas instalacións, para axilizar a apertura da Oficina LGTBIQ+ Comarca do Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario