O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA ESIXE QUE O CONCELLO APERTURE UN EXPEDENTE
POLO MALTRATO A UN BEN DE INTERESE CULTURAL DE MÁIS DE CINCOCENTOS ANOS
Cableado pola fachada lateral norte da igrexa de San Bieito A prolongada presenza do cableado eléctrico pon en evidente risco a integridade do patrimonio histórico-artístico-monumental da igrexa de San Beito, na vila de A Guarda
O cableado pasa por diante da entrada do hotel monumento Convento de San Benito
A imaxe amosa a mangueira de cableado eléctrico e unhas valas que levan aí desde o ano pasado
Infogauda / A Guarda
Adxuntando unha reportaxe configurada por 7 fotografías, da cal extraemos ás imaxes que reproducimos nesta información, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega, facéndose eco das innumerables mostras de malestar veciñal pola impresentable imaxe que desde fai varios meses ofrece un cableado eléctrico que invade tanto superficie de titularidade municipal como de propiedade eclesiástica e tamén de particulares, feito que no mellor dos casos, mesmo pode constituir un posible delicto contra o patrimonio histórico-artístico-monumental; vén de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte iniciativa:
¡¡DEIXADEZ E ABANDONO MUNICIPAL POLO MALTRATO A UN BEN DE INTERESE CULTURAL!!
Dende fai máis dun ano, unha empresa de suministro, para arranxar un problema ¡¡din que era de xeito provisional!!, sin miramentos de ningún tipo, largou un cableado e leva ocupado un trozo de vía pública (que non temos coñecemento si o paga, como ten que facer calquer veciño) e parece que algo que era por uns días, diante da pasividade e deixadez do Equipo de Goberno do PSOE está sendo unha ocupación permanente.
O Grupo de Goberno do PSOE non pode alegar descoñecemento, pois xa en varias ocasións a título persoal e nalgún pleno, se fixo pregunta sobre o asunto, e tiraron “balóns fora”, o de “imos ver” e “imos falar”, cando se trata dun BEN DE INTERESE CULTURAL, que forma parte da nosa historia dende fái máis de CINCOCENTOS (500) ANOS no vale contemplacións. Por menos diso, se ten aberto un expediente a algún veciño. Pero claro, estamos a falar de empresas de moito peso, e iso é outro cantar.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a facer pública a nosa protesta, esixindo que por parte do Departamento de Urbanismo que dirixe o noso Alcalde, se proceda de xeito inmediato a dar inicio a un expediente da reposición da legalidade vixente, se poña o asunto en coñecemento do Departamento de Cultura, sección de Patrimonio, a fin de que se tomen as medidas oportunas para protexer o noso patrimonio.
Cada pouco dende o Concello se fan grandes notas de prensa das calificacións que recibimos de diversos entes nacionais e internacionais sobre sobre turismo e otras excelencias, cando no máis esencial, no básico, no elemental, damos este tipo de imaxes que dar por terra calquer aspiración seria.
Din que unha imaxe, vale máis que mil palabras, polo que consideramos que cada veciño/a pode sacalas súas conclusións.
A Guarda, a 15.03.2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Cultura
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario