18 de mar. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda anima a visitar o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega e o Museo do Mar 

• Os museos guardeses preséntanse coma unha boa alternativa cultural e turística para esta longa fin de semana

 

No interior desa singular construcción denominada Atalaia, atópase o Museo do Mar de A Guarda - Fotos: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda  

 O equipo de goberno local anima a veciños a visitantes a visitar nesta fin de semana o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e o Museo do Mar.

Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)  

 O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. Por subscrición popular, a Sociedad Pro.Monte Santa Tecla comprou e adaptou o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da vila de A Guarda. 

 

           Vista dunha das salas do MASAT, situado no cumio do Monte Santa Trega
 

 Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas castrexas, útiles líticos, moedas romanas, fragmentos de obxectos cerámicos, pezas de vidro,…, e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente. 

Horario: 

De martes a domingo: 

Do 15/03 ao 31/03: de 10:00 a 19:00h 

Do 1/04 ao 30/06: 10:00 a 20:00h 

Tarifa actual de acceso ao Monte Santa Trega (inclúe o acceso ao MASAT): 1 € adultos 0.50 € menores de 14 anos  

Museo do Mar 

 O Museo do Mar atópase no Porto de A Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. 

 Unha parte do patrimonio inmaterial da localidade está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”. 

Horario: 

Sábados, domingos e festivos: De 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h. 

Tarifas: 

1€ Adultos 

0,50€ menores de 14 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario