18 de mar. de 2021

A GUARDA

"Remataron as obras de mellora da accesibilidade na Baixada á praia de Fedorento e na contorna do Estadio Municipal" 

Así o vén de comunicar o equipo de goberno local

 

O alcalde e o concelleiro de Vías e Obras camiñando polas novas beirarrúas no barrio Santa Trega - Foto: C.A.G.

 

Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal vén de facer público este xoves día 18 de marzo de 2021, o seguinte comunicado de prensa: 

 "Esta semana remataron os traballos de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal da Sangriña da Guarda e na baixada á Praia de Fedorento 

 No frontal do Estadio Municipal da Sangriña se procedeu á retirada da beirarrúa existente que se atopaba xa moi deteriorada e se executou unha nova de formigón en color ocre. 

 Na baixada á praia de Fedorento, ademais da mellora da beirarrúa existente, que se atopaba xa moi deteriorada, realizouse tamén unha pre-instalación para telecomunicacións e subministración eléctrica, así coma a mellora da recollida de augas pluviais. 

 Ata alí se desprazaron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español para supervisar o remate das obras. 

 Estas obras contaron cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1 da Deputación de Pontevedra. 

 O Concello da Guarda continúa deste xeito co seu compromiso de mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio".

Ningún comentario:

Publicar un comentario