Os concelleiros socialistas solicitan un pleno para aprazar a elección do escudo municipal de Oia
• Para os membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE hai temas moito máis importantes nestes momentos para os veciños e veciñas de Oia
Américo de Oliveira Franco, concelleiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presentando no rexistro de entradas do Concello de Oia, a solicitude de pleno extraordinario
Infogauda / Oia
Na mañá de hoxe martes día 9 de febreiro de 2021, o concelleiro do Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Oia, Américo de Oliveira Franco, presentou no rexistro municipal de entradas do concello oiense, unha solicitude de Pleno Extraordinario para o aprazamento da elección do escudo municipal de Oia ou ben anular o acordo adoptado na Sesión Plenaria do día 28 de enero de 2021 referido a aprobación dun novo escudo e bandeira para o Concello de Oia.
Tal e como manifestou oportunamente Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia, "existen na actualidade numerosos temas moito máis importantes para os veciños e veciñas do municipio e que deben de ter máis prioridade, como a falla de pediatra no Centro de Saúde, o saneamento, o Faro de Silleiro, a mellora das telecomunicacións de fibra e telefonía móbil, entre outras".
Os Socialistas de Oia solicitan tamén "establecer as bases para un concurso, onde se presenten propostas, ideas ou sinxelamente adecuar o noso escudo de sempre a normativa heráldica vixente".
Ningún comentario:
Publicar un comentario