Abertas as inscricións para un Escape Room de temática mariñeira dirixido aos alumnos de secundaria
• Os centros escolares interesados en participar na iniciativa poden realizar a súa solicitude ata o próximo 28 de febreiro
• A actividade, gratuíta e que permite ao alumnado aprender xogando, promove o patrimonio mariñeiro atlántico europeo
• O xogo está inspirado en Cristina Fernández, unha das primeiras fareiras de España e que pasou parte da súa vida no faro de Cabo Vilán
Un veterano cordoeiro guardés informando a uns visitantes do Museo do Mar de A Guarda - Foto: Arquivo - C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Promover a protección do medio ambiente, o respecto cara ao mar ou poñer en valor a figura feminina na cultura mariñeira, son, entre outros, algúns dos obxectivos do Escape Room REMA 360, unha actividade aberta á participación do alumnado de 1º e 2º da ESO dos centros do litoral galego.
Os estudantes enfrontaranse, de maneira individual, a un xogo a través dunha páxina web que ofrece imaxes en 360 graos, vídeos ou arquivos de audio. A partir destes recursos audiovisuais, os alumnos terán que resolver diferentes probas.
O alumnado participante realizará un percorrido por 27 museos pertencentes á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). En cada un deles, deberá superar os retos propostos para poder acceder ao seguinte espazo. Tras completar os museos asociados a cada un dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), os participantes deberán superar unha nova proba para conseguir un obxecto. Os tesouros que irán recadando serán necesarios para resolver o reto final da fase en liña.
Superada esta primera fase de xogo virtual, os finalistas realizarán un Escape Room presencial nun dos museos pertencentes á Rede REMA.
O personaxe protagonista do Escape Room está inspirado en Cristina Fernández Pasantes, unha das tres primeiras fareiras - a nivel coloquial, xa que á denominación da súa profesión - a cal accedeu logo de superar en 1972, a correspondente oposición - é técnica en sinais radio marítimas - de España. Xa xubilada, residiu de xeito permanente gran parte da súa vida laboral no Faro de Cabo Vilán, en Camariñas (A Coruña), súa localidade de nacemento. O seu obxectivo no xogo é facer funcionar de novo a todos os faros da costa atlántica europea aos que, por un estraño motivo, apagóuselles a súa luz.
Os centros escolares interesados en participar nesta actividade poden realizar a súa solicitude ata o 28 de febreiro da través do correo electrónico rema360@ redrema.eu. As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta.
Máis información na web: www.redrema.eu/rema-360/
PASAPORTE REMA
Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.
Rede REMA
Correo electrónico: info@redrema.eu
Teléfono 630 536 428
Ningún comentario:
Publicar un comentario