OIA, E A MEMORIA HISTÓRICA
Movemento Oia
O goberno municipal, aprobou o cambio do escudo heráldico de Oia, argumentando que o actual e do mosteiro e que Oia carece de escudo.
Debemos recordar que o Mosteiro existía antes que Oia, e que Baiona.
O nome de Oia procede de Santa María de Oya la Real. Os escudos se encontran na Igrexa do Mosteiro, tratándose dunha igrexa parroquial do pobo de Oia.
O Mosteiro, é parte de Oia, e lamentamos que a corporación municipal non poña o mesmo interese en apoiar a súa restauración como en crear un escudo para distanciarse dun dos maiores patrimonios que dispoñemos.
Ante a solicitude dun pleno extraordinario pola parte do grupo municipal do PSOE de Oia e a polémica xerada polas consideracións nas que expuñan a súa negativa ao mesmo en contra da decisión da rexedora do concello sobre necesidade de homologar o escudo oficial proposto pola “heráldica popular”. Dende Movemento Oia, sentiámonos na obriga de facer un pouco de pedagoxía e reclamar coherencia nos asuntos relacionados cos acordos plenarios neste concello.
A Agrupación do PSOE de Oia realizou na súa web una nota contra 'Heráldica Popular', e difundiuna nas súas redes sociais.
En canto iso o BNG como noutras ocasións fai seu chamamento “popular “para a recollida de firmas e pide respecto polos símbolos históricos do concello de Oia.
Lles lembramos a todos os grupos políticos que se esquecen de esixir e cumprir os acordos plenarios e as leis.
O concello de Oia acordou por maioría absoluta en pleno en Outubro de 2017 cunha moción pola recuperación da memoria histórica a eliminación, supresión e anulación dos símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución coa Ditadura, e non fixo ningunha actuación ao respecto. Na actualidade entre outros “o símbolo falanxista continua na porta na fachada do concello”.
Parece que ningún dos grupos municipais expoñen as súas consideracións e inquedanzas históricas cando falan de respecto a sociedade para que a súa retirada sexa efectiva.
Deberían basear as súas accións para facer política para os cidadáns, todas as accións relacionadas co coñecemento da historia teñen un carácter importante para a nosa sociedade, entre elas cumprindo a lei de memoria histórica, unha obrigación de todos os cargos políticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario