6 de feb. de 2021

GONDOMAR

O PP denuncia as actitudes machistas do alcalde de Gondomar con Paula Bouzós 

  

A deputada autonómica, Teresa Egerique, e os deputados provinciais Carmen Amoedo, Alejandro Lorenzo e Elena Estévez, amosaron o seu apoio a Bouzós

 

Infogauda / Gondomar

 O Partido Popular denuncia a actitude machista e reiterada do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, coa voceira local do PP, Paula Bouzós. Un comportamento que non foi puntual, senón que se repite en todos os plenos municipais nos que cuestiona publicamente a valía de Bouzós e intenta degradala e desprestixiala con comentarios despectivos e denigrantes”. Así o vén de facer público a dirección provincial do Partido Popular de Pontevedra.

 A deputada autonómica, Teresa Egerique, e os deputados provinciais Carmen Amoedo, Alejandro Lorenzo e Elena Estévez, amosaron o seu apoio a Bouzós, e esixen ao Goberno local, e sobre todo ao alcalde, unha desculpa pública á concelleira popular, pero sobre todo un cambio de comportamento. Ademais,   

 “Este tipo de actitudes machistas deben estar fóra da esfera pública e privada. Son intolerables. Estes comportamentos denigrantes e comentarios despectivos non poden ter cabida nun Goberno local, nunha administración pública”, sinala Bouzós, que lamenta que non aproveitase o pleno do xoves para facelo.  

 Ademais, di que estes comentarios estanse estendendo ás redes sociais, nas que membros do Goberno, lonxe de desculparse ou amosar respecto cara ás compañeiras da corporación, optan por xustificar a actitude machista do alcalde

Ningún comentario:

Publicar un comentario