6 de feb. de 2021

A GUARDA

Éxito de participación da caravana da “Hostalaría Guardesa” 

A plataforma sube o nivel das súas reclamacións co apoio do pobo da Guarda

 

Na imaxe,un momento da caravana automobilística que na mañá deste sábado día 6 de febreiro visibilizou a problemática que afecta ao sector hostaleiro

 

Infogauda / A Guarda

 Este sábado 6 de febreiro de 2021 a Praza da República - onde está ubicada a  “Estación Marítima” - no barrio da Pasaxe (Camposancos), punto de inicio da caravana de manifestantes en apoio á hostalaría guardesa, quedouse pequena para albergar a inxente cantidade de vehículos que desde alí farían un sonoro percorrido polo termo municipal de A Guarda para visibilizar diante de toda á cidadanía ao sector hostaleiro, que ao igual que seus fornecedores, viven un tempo de anguria, polo obrigado peche que lles foi imposto. 

 Dende a plataforma  “Hostalaría Guardesa” lembran que neste intre a hostalaría de A Guarda segue pechada por decreto, sen ningún tipo de axuda directa

 

Os hostaleiros guardeses amosaron o difícil momento que están aturando por causa do peche dos seus establecementos
 

 “Estamos fartos de ser os que paguemos esta crise. Por unha banda din que non somos os culpábeis da expansión do virus e por outra banda trátanos como se fósemos os únicos culpábeis, e as nosas familias sufrindo as consecuencias”, sinalou un dos afectados. 

 Dende a plataforma “Hostalería Guardesa” queren agradecer o apoio continuado do pobo de A Guarda. Así mesmo, avanzaron que seguirán con máis iniciativas até que haxa un programa de indemnizacións directas que axude a salvaguardar o sector.

Ningún comentario:

Publicar un comentario