Una ida de olla
Gerardo Rodríguez Refojos, concelleiro portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia
Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / Oia
Queremos clarexar en primeiro lugar, que ao titular non hai que buscarlle o dobre sentido, só queremos reflexar o sen sentido de unha actuación.
No día de hoxe nos espertamos coa publicación por parte do que parece ser unha empresa privada, Heráldica Popular, dun comunicado en defensa do cambio de escudo en Oia e da decisión da Alcaldesa para facelo así.
Nos chama poderosamente a atención algúns parágrafos do mesmo que pasamos a describir a continuación:
1) No comunicado poñen como exemplo un municipio e unha pedanía, no primeiro San Martin del Terradillo en Cádiz onde curiosamente se estableceron as bases dun concurso de ideas cun tribunal establecido e onde se presentaron distintas propostas e deseños, a segunda foi a pedanía de Las Casas en Ciudad Real onde igualmente se creou un concurso para a creación dun emblema identificativo coa presentación aberta en ambos casos de propostas. Queremos resaltar que en Oia se saltaron todas estas actuacións iniciándose o procedemento no ano 2018 cun oficio firmado pola alcaldía, sen o coñecemento plenario, dirixido á Comisión Heráldica coa petición de propostas. En 2019 a alcaldesa propón e tenta levar a cabo un referéndum sobre o tema, referéndum que foi abortado polos órganos de intervención do propio Concello. Por último no pleno celebrado o 28 de xaneiro do presente ano, a oposición lle transmitiu á alcaldesa que este non era o momento, coa situación que se está vivindo e que deixara o asunto sobre a mesa para tempos mellores.
2) Queremos recordar que a mediados do século XIX, Oia como entidade con Concello propio non existía, o Mosteiro era o representante da xurisdición sobre estas terras, cando desaparece este, o Concello de Oia adopta o seu papel no xurídico e, aínda que o escudo non sexa o propio da entidade civil, non vemos ningunha incompatibilidade do existente coa incorporación da coroa real.
3) Finalmente fáisenos estraño enormemente a calificación de irresponsabilidade á oposición por parte desa empresa, non queremos pensar que puideran existir intereses de tipo crematístico para facer semellante afirmación, e, por suposto non o pensamos, pero cando menos non deixa de estrañarnos que unha empresa particular faga semellantes afirmacións.
4) Dende o PSdeG de Oia facemos un chamamento á RESPONSABILIDADE da Alcaldía, para que paralice o acordo tomado e faga un consenso cos veciños e veciñas e o resto das forzas políticas neste tema.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario