26 de feb. de 2021

O BAIXO MIÑO

Talleres sobre prevención das condutas aditivas no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño 

  


Xunta Directiva da Asociación Érguete Baixo Miño /A Guarda 

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante o mes de febreiro e marzo está a impartir diversos talleres sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no alumnado do I.E.S. Antón Alonso Ríos, de Tomiño.   

 Trátase dos programas denominados Educación para a Saúde na Escola e Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo?  que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 2º e 4º da ESO. Estas actividades atópanse financiados pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.   

 A finalidade destas actuacións é reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.   

 Esta acción, impartida por unha Educadora Social con ampla experiencia nesta área, atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozas e mozos aos que vai dirixido. 

 Para máis información, invitamos ás persoas interesadas a achegarse ás instalacións de Érguete (rúa Colón, 20 -Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda, visitar a páxina web www.erguete.org ou ben contactar nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76 ou no correo electrónico info@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario