10 de feb. de 2021

EMPREGO

O Concello de A Guarda contratará a 13 persoas desempregadas 

Ao abeiro do Plan concellos 2021 da Deputación de Pontevedra 

 

                                          Casa do Concello de A Guarda
 

Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, vén de facer público que "o Concello da Guarda contratará proximamente a 13 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra.  

 Neste senso A Guarda pedirá traballadores para Axudantes do Camión do lixo (2), Peóns Limpadores (8), Conserxe (1), Auxiliares de Cultura (1) e Informáticos (1). 

 Dependendo do posto a desempeñar a xornada será parcial ou completa e a duración do contrato oscila entre os 7 e os 8 meses. 

 Todas as persoas interesadas a optar a un destes postos de traballo deberán estar inscritas coma demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia nas categorías da seguinte táboa e empadroadas no Concello da Guarda. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato".  

LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS (Deputación de Pontevedra)  

Contratación de traballadores desempregados. PETICIÓN 

Posto

CNO

Ocupación

Categoría

Meses

Xornada

2

Axudantes Camión Lixo

83321151

 

Operarios de vehículos de limpeza viaria

70

Axudante

8

Completa

8

Peóns Limpadores

94431016

 

Varredores

00

Non determinada

8

Completa

 

 

 

 

 

 

 

1

Conserxe

58331022

Conserxes en xeral

00

Non determinada

8

Completa

1

Auxiliar Cultura

37131078

Xestores Culturais

00

Non determinada

8

Completa

1

Informático

27211018

 

Administradores de sistemas de redes

00

Non determinada

7

Completa

13

 

 

 

 

 

 

 

 BENEFICIARIOS 

 Persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. No código CNO que se indica para cada posto. 

 Estes  requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.  

REQUISITOS ACADÉMICOS 

 Para os postos de Axudante de camión lixo, Peóns limpadores NON se precisa titulación.  

 Para o posto de Conserxe precísase como mínimo ter o título de graduado en ESO ou equivalente.  

 Para o posto de Auxiliar Cultura precísase como mínimo ter o título de Bacharelato ou equivalente.  

 Para o posto de Informático precisase como mínimo ter o Ciclo medio da familia profesional de informática e comunicacións ou equivalente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario