27 de feb. de 2021

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN SOBOR DOS BENS INMATRICULADOS POLA IGREXA CATÓLICA

Celso Rodríguez Fariñas propón que o Concello de A Guarda se interese pola relación dos bens inmatriculados e ubicados na nosa localidade

 

Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda - Foto: Infogauda

 

Infogauda / A Guarda 

 Para seu debate e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación local, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, vén de presentar no Concello de A Guarda, a seguinte iniciativa:

Moción sobre inmatriculacións de bens inmobles    

 No ano 1998, o Goberno do Partido Popular presidido por José María Aznar, modificou o Regulamento Hipotecario para permitir a inscrición de templos de culto no Rexistro da Propiedade,  que ata entón non era posible pola súa natureza historicamente pública. Para aproveitar esta nova norma a xerarquía católica resucitou o uso de dúas normas franquistas e inconstitucionais, aprobadas no 1946 e 1947: os artigos 206 da Lei Hipotecaria e 304 do Regulamento Hipotecario. O primeiro equiparaba a Igrexa ca Administración Pública, otorgándolle o privilexio de acceder o Rexistro da Propiedade sen título. O segundo artigo equipara os diocesanos cos notarios, de xeito que un obispo pode certificarse a si mesmo que el é propietario dun inmoble atendendo o que él diga. Por medio deste procedemento, téñense inmatriculado, sin título de propiedade, miles de bens en España que poderían ser públicos, incluso antes da reforma de Aznar. Normas a todas luces inconstitucionais e reprobadas polo Tribunal Europeo de Dereitos Humans.  

 Debe quedar claro que o posible uso litúrxico non condiciona en absoluto a propiedade. E pola outra parte, se teñen inmatriculado moitos bens en manifesto abuso do dereito e fraude de Lei, o non haber sido propiedade nunca pola igrexa católica e incluso non poder argumentar a coartada do seu posible uso litúrxico, como solares, vivendas, camiños e incluso prazas públicas.  A presión cidadan e política ten desvelado moitos casos provocando a aprobación da lei 13/2015, que modifica a Lei Hipotecaria para eliminar o privilexio rexistral mencionado. Pero faino sen efectos retroactivos, o que produce unha amnistía rexistral sobre moitos bens inscritos pola igrexa católica sin presentar título de propiedade.  

 En abril de 2015, a proposta do PSOE, aprobouse unha Proposición non de Lei (PNL) na que se acorda solicitar do Goberno que no prazo de seis meses, aporte a relación de bens inmatriculados pola igrexa, así como reclamala propiedade de aqueles bens postos o seu nome e que non xustifiquen como de uso ou propiedade eclesiástica.  

 Recentemente o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns acaba de poñer en dúbida o rigor xurídico español o sinalar nunha sentencia que o dereito de inmatriculación de bens recoñecido a igrexa católica “pola lexislación interna (española) sin xustificación aparente” non é suficiente nin válido.   

 Dende distintas instancias, asociacións, grupos veciñais e políticos teñen solicitado dos Gobernos Centrais e Autonómicos, listados de inmobles inmatriculados por esta vía co fin  de poder contrastar a súa titularidade e actuar en consecuencia si se dictamina que é publica. Distintos Parlamentos autonómicos xa teñen aprobado Leis para solicitar esta información.    

 Teñen sido de moita sona, as reclamacións veciñais sobre terreiros e carballeiras en moitos pobos e vilas galegas, donde os documentos aclararon que eses bens eran dos veciños, pero tamén temos constancia que dese xeito tamén se teñen feito inmatriculacións por esta vía moitos bens sin ningún documento que acreditase a titularidade.  

 Por todo iso, dende o Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o seu debate e aprobación se procede a seguinte MOCION:  

1º.- Que o Concello de A Guarda, recabe do Rexistro da Propiedade que nos corresponde a lista completa dos bens inmatriculados o abeiro do artigo 206 da Lei Hipotecaria, dende o ano 1978 pola Igrexa Católica, tendo en conta que poden haberse utilizado nomes diversos de Dioceses, Congregacións, Bispado, Cabido ou similares  

2º.- O Concello de A Guarda solicitará do Goberno e do parlamento galego para que se adopten as iniciativas necesarias o obxeto de poder contar cunha relación dos bens inmatriculados pola igrexa en base a Lei Hipotecaria de 1946 e o artígo 304 do Regulamento Hipotecario.  

3º.- O Concello de A Guarda, instará o Goberno do Estado para que de cumplimento a PNL aprobada no Congreso dos Diputados en abril de 2017 para que aportara en seis meses o listado de bens inmatriculados dende 1998 a 2015   

4º.- O Concello de A Guarda, solicitará do Goberno galego información sobre as inversións e subvencións feitas con fondos públicos para o mantenemento, restauración e mellora dos inmobles inmatriculados pola igrexa católica, especificando, no seu caso, o porcentaxe de dotación pública na nosa localidade.  

5º.- O Concello de A Guarda, solicitará do Ministerio de Xustiza, Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, para que o mesmo que fixo no ano 2008 no caso de Navarra, aporte o listado de bens inmatriculados pola Igrexa católica na nosa localidade en base a Lei Hipotecaria de 1946 e o artigo 304 do Regulamento Hipotecario.  

A Guarda, a 26 de Febreiro do 2021 

 

Celso R. Fariñas    

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

     

Sr. Alcalde-Presidente 

CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario