15 de xan. de 2021

TOMIÑO

 OPINIÓN

O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO PIDE QUE SE LLES DE VOZ AOS COMERCIANTES E A VECIÑANZA DE GOIÁN

Na peonalización da Avenida Ordóñez


Mirta Misa e Violeta De Santiago, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Socialistas de Tomiño

 As socialistas de Tomiño presentaron no Pleno unha moción sobre a peonalización da Avda. Ordóñez en Goián, dado o grande rechazo que esta actuación está provocando nos e nas comerciantes en particular e da veciñanza en xeral. 

 As propostas da moción foron:

 1°- Instar ao equipo do goberno a abrir unha canle de diálogo e escoita cos comerciantes. 

 2°- Planificar e xestionar a coexistencia na accesibilidade tanto peonil como con vehículo na Avda. Ordóñez dun xeito racional e tendo en conta o día a día da localidade e das persoas que nela viven e traballan. 

 Violeta de Santiago e Mirta Misa defenderon, entre outras,  a posibilidade de que a zona se limite a 20 dando prioridade a circulación a pé permitindo a convivencia cos vehículos con limitacións e sen obstáculos de mobiliario urbano. Outra posibilidade que os propios comerciantes expoñen é a peonalización en determinados horarios e/ ou nas fins de semana. Tamén manifestan o seu temor a que á actual crise epidemiolóxica se sume outra económica e social, ao mesmo tempo que mostran o seu malestar polo comenzo das obras en plena campaña de Nadal para días despois quedar paralizadas.  

 O debate non foi posible dende o momento que o voceiro do BNG ao inicio da súa intervención manifestou a inamovible decisión de que non modificarán o proxecto. De nada serviu que a voceira apelara ó consenso, a que escoiten e atendan a xente e que interioricen que os pobos non pertencen aos gobernantes de turno. Pertencen ás veciñas e veciños e ao tecido comercial que é a garantía de prosperidade. Por último Violeta de Santiago lembroulle ó goberno nacionalista que esa rúa é patrimonio inmaterial da vila ó ser o antigo "Camiño da barca" o cal debería ser tido en conta, pois forma parte da identidade de Goián. 

 Por outra banda varios comerciantes do concello pediron ao grupo socialista que trasladara o seu profundo malestar ao goberno pola mala organización da campaña de Nadal e concurso de escaparates. Denuncian a falta de información que provocou que moitos comerciantes non poideran adherirse (foi unha campaña anunciada con moi pouca antelación ), a mala planificación pois moitos xa tiñan os seus escaparates diseñados ou decorados, o incumprimento das propias bases ao permitir a participación a establecementos que non poderían segundo as bases publicadas e non permitindo a outros con iguais características a súa participación. Ven sendo recurrente a desigualdade provocada polo esquecemento, o aillamento e o maltrato ás parroquias que son unha vez máis as grandes esquecidas nesta campaña. 

 Con respecto á decoración alternativa de Nadal instalada nas prazas do Seixo e da Mina as socialistas alertan de que eses elementos foron utilizados nos xogos dos nenos e nenas sin ningunha medida de seguridade,nin control nin desinfección o que contrasta co peche absoluto dos parques e pistas deportivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario