15 de xan. de 2021

A GUARDA

O BNG PIDE UN CRIBADO MASIVO VOLUNTARIO NA GUARDA PARA DETECTAR POSITIVOS ASINTOMÁTICOS  

Anxo Lois Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello): “Levaremos esta proposta á Xunta de Portavoces, para que sexa o Concello quen o demande á Consellaría de Sanidade” 

 


Infogauda / A Guarda

 O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda,  Anxo Lois Baz Vicente anuncia que “dada a preocupación existente  na  sociedade guardesa pola  incidencia da COVID-19 na localidade  e nos concellos limítrofes, planteará na Xunta de Portavoces, que o Concello demande á Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza  a realización dun cribado masivo que permita identificar a positivos asintomáticos para reducir a propagación do virus”. 

 O portavoz nacionalista indica que outros concellos próximos xa van nese camiño e considera que a situación epidemiolóxica  xustifica claramente que se realice este cribado o antes posíbel 

 Anxo Lois Baz tamén manifestou que “é fundamental anticiparse aos problemas para tratar de minimizar os seus efectos” para acabar incidindo unha vez máis en  que “o reforzo da sanidade pública é unha asignatura pendente da Xunta de Galiza. Compre reforzar o persoal sanitario. Non debemos esquecer que nos enfrontamos a unha pandemia despois de doce anos de recortes na sanidade pública”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario