O Concello de Oia contratará a 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos
Convócase 1 praza de condutor de maquinaria forestal, 2 de albaneis e 5 de peóns forestais
Infogauda / Oia
O Concello de Oia contratará a un total de 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2021 (liña de emprego) da Deputación de Pontevedra. Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (5 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.
Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello se encargará da selección definitiva.
No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas) e máis a duración de cada contrato:
PRAZAS |
PERFIL/OCUPACIÓN |
PERÍODO CONTRATO |
1 |
Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013)
|
10 meses (1 marzo-31 decembro) |
2 |
Albaneis-Oficiais de 1ª (CNO. 71211015) |
9 meses (1 de marzo-30 novembro) |
4 |
Peón Forestal (CNO. 65431028) |
9 meses (1 de marzo-30 novembro) |
1 |
Peón Forestal (CNO. 65431028) |
5 meses (maio-setembro) |
O Concello de Oia lembra que, para poder ser seleccionadas pola oficina de emprego, as persoas demandantes deberán estar inscritas no código correspondente ao perfil ao que queiran optar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario